A Xunta inviste 100.000 euros na renovación do pavimento do pantalán pesqueiro e mexilloeiro de Vilanova de Arousa

A Consellaría do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 100.000 euros na renovación integral do pavimento de madeira do pantalán profesional para embarcacións pesqueiras e bateas de Vilanova de Arousa (Pontevedra). Así o confirmou na mañá do 7 de abril a conselleira Marta Villaverde nunha visita á dársena para presentar a actuación.

A medida enmárcase nun contrato global para unha decena de portos autonómicos que se atopa en licitación por un importe de 640.000 euros. Con este plan o ente público reforzará a resistencia das instalacións flotantes ante condicións adversas no pantalán vilanovés, así como nos de Lorbé (Oleiros), Muxía, Muros, A Barquiña (Outes) Ribeira, A Pobra do Caramiñal, Carril (Vilagarcía), O Grove e Baiona.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES