A Xunta pon en valor o papel da innovación e a investigación para o futuro da acuicultura galega

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, participou no Grove na entrega dos premios ás mellores comunicacións do XXVIII Foro dos Recursos Mariños e da Acuicultura das Rías Galegas (ForoAcui), un encontro centrado na transferencia de coñecemento e na colaboración entre a comunidade científica, o sector empresarial e as administracións.
Durante o acto foron recoñecidos traballos relacionados coa sustentabilidade da acuicultura, a adaptación ao cambio climático, o seguimento dos recursos mariños e a aplicación de novas tecnoloxías. Entre os estudos premiados destacan investigacións sobre a adaptación da alga Saccharina latissima a sistemas de acuicultura multitrófica, a detección de poboacións de mexillón pigmeo mediante ADN ambiental e o proxecto autonómico SOL-OUXA II sobre a presenza de ouxas nas Rías Baixas.

Fonte: Xunta de Galicia – Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES