A Xunta posiciona a excelencia dos produtos pesqueiros de Galicia na 51ª Foodex Japan

A Consellería do Mar, no marco da liña estratéxica de apoio á promoción internacional dos produtos do mar galegos, promove a súa promoción na 51ª Foodex Japan, que se celebrará en Tokio do 10 ao 13 de marzo.

Deste xeito, o departamento autonómico continúa coa súa aposta polo fomento das especies capturadas e elaboradas na comunidade nun dos mercados máis esixentes e con maior tradición de consumo de peixe e marisco. Esta feira é unha das máis destacadas do mundo no ámbito da alimentación e bebidas, converténdose nun punto de encontro estratéxico para produtores, distribuidores e importadores do país asiático.

Conscientes de que a internacionalización é unha ferramenta clave para aumentar a competitividade do sector, o Goberno galego contempla nos orzamentos unha partida de 11 millóns de euros para o período 2026-2027. Este esforzo investidor vai destinado á revalorización dos produtos pero tamén ao aproveitamento de novas oportunidades comerciais que ofrecen estes eventos tanto para a frota galega como para a industria transformadora.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES