A conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou o 21 de marzo na segunda edición da iniciativa gastronómica Da Pobra a Portosín, Tapeando polo Mar, un evento, co que novamente colabora a Administración autonómica, e que busca poñer en valor os produtos do mar de Galicia e dinamizar a hostalería e o turismo nas vilas costeiras.
Durante o acto, Villaverde destacou a importancia deste tipo de propostas para promover o consumo de peixe e marisco, así como para reforzar a conexión entre o sector pesqueiro e a restauración. “Eventos como este permiten achegar á cidadanía a calidade e diversidade dos produtos do noso mar, á vez que se impulsa a economía local”, sinalou.
A iniciativa desenvólvese durante tres fins de semanas consecutivos -14, 21 e 28 de marzo- con actividades simultáneas nas localidades da Pobra do Caramiñal, Ribeira e Porto do Son, onde diferentes establecementos hostaleiros ofrecerán tapas elaboradas con produtos do mar -preferentemente mexillón, atún e anchoa-, combinando tradición e innovación culinaria.
Fonte: Consellería do Mar
