A Xunta recibe 239 solicitudes ao amparo das axudas para investimentos produtivos e creación de empresas do sector acuícola dotadas con 65 millóns de euros

O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, visitou a planta de engorde de linguado premium Aquacría Arousa, propiedade do grupo Sexa Eight, no municipio pontevedrés de Cambados. Alí destacou o potencial deste sector na comunidade dado que, segundo os organismos internacionais, a acuicultura está chamada a ser un dos principais provedores de alimentos para a poboación mundial. Así o reflectiu o informe Sofia da Organización de Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO) que sinalaba que no 2024 a produción acuícola superou á pesca de captura por primeira vez.

Consellería do Mar

A Xunta recibe 239 solicitudes ao amparo das axudas

gl_ESGL_ES