A iniciativa BATEAS forma parte das actuacións impulsadas pola Consellería do Mar para mellorar a base de coñecemento sobre a evolución do cultivo de mexillón nas rías galegas. O proxecto ten como obxectivo principal comprender mellor as condicións ambientais que inflúen na produtividade das bateas, achegando respostas aos desafíos detectados polo sector nos últimos anos; así como establecer unha canle de comunicación entre bateeiros e administración.
O proxecto está liderado pola Consellería do Mar e cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca, e de Acuicultura (Fempa). Compleméntase con outras iniciativas en marcha, como o proxecto APROMEX, liderado polo Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), centrado na avaliación da dispoñibilidade de mexilla, e Capacitamex, orientado á transferencia de coñecemento mediante obradoiros cos produtores, nos que tamén participa activamente o Cetmar.
Consellería do Mar