O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, visitou esta semana a Confraría de Pescadores de Burela, a Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7) e a empresa ABSA, co obxectivo de coñecer de primeira man a actividade que desenvolven e abordar cos seus responsables as principais necesidades do sector.
Durante a xornada, o director xeral percorreu as instalacións portuarias e interesouse pola evolución da actividade neste porto pesqueiro, que destaca tanto en volume como en valor das descargas. A Mariña conta con Burela e Celeiro entre os principais portos autonómicos e son referentes a nivel estatal en descarga de peixe fresco, con especies como a pescada, o bonito do norte, o xurelo ou a cabala, entre as máis destacadas.
Na reunión cos representantes da confraría, da OPP-7 e de ABSA analizáronse cuestións crave como a necesaria flexibilización dalgúns aspectos normativos para adaptalos á realidade da frota e a importancia de avanzar en medidas que favorezan a substitución xeracional, garantindo a continuidade dunha actividade estratéxica para A Mariña lucense.
Fonte: Consellería do Mar
