Aberto o prazo das axudas para o impulso das pemes de transformación de produtos do mar, dotadas con 14 M€

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, anunciou o pasado 21 de xaneiro en Cabomar que, coa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), a Xunta abre o prazo para que as pequenas e medianas empresas de transformación dos produtos pesqueiros e de acuicultura poidan solicitar as axudas habilitadas pola Consellería do Mar para impulsar a súa competitividade e actividade. En total, 14 millóns de euros que o Goberno galego pon ao dispor deste sector este ano no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).

O prazo de solicitude é dun mes para contar desde o 21 de xaneiro e entre as opcións que son obxecto de apoio, tal e como detallou a responsable autonómica, están aquelas relacionadas coa optimización e innovación no ámbito da industria de procesado, así como coa ampliación e adquisición de equipamentos nas plantas deste sector e coas melloras en materia de eficiencia enerxética. A este respecto, inclúense accións que aumenten o arqueo bruto dos buques, a modernización do motor principal ou auxiliar de ata 24 metros de eslora total.

As empresas interesadas tamén poden consultar toda a información nas oficinas É-Mar ou na ligazón ao DOG de hoxe: https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260121/AnuncioG0427-291225-0001_gl.html.

Fonte: Consellería do Mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES