A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, salientou a concesión de preto de 90.000 euros por parte do Goberno galego á Confraría de Pescadores San Telmo de Mugardos nos últimos dous anos. Estas axudas destináronse á adquisición de máis dun millón de unidades de semente de ameixa xaponesa para mellorar a produtividade dos bancos marisqueiros, así como á implementación de medidas de conservación dos recursos mariños. Ademais, financiáronse proxectos para a restauración da biodiversidade e dos ecosistemas mariños. Aneiros lembrou que a Consellería do Mar mantén abertas ata o 3 de febreiro as axudas para proxectos colectivos neste ámbito.
Xunta de Galicia