Prazo: ata o 31 de xullo de 2026
Descripción:
Estas axudas teñen por obxectivo promover a internacionalización dixital das pemes, mediante a súa participación no Programa Xpande Dixital, que combina servizos de asesoramento especializado e axudas económicas para o deseño e desenvolvemento de estratexias de internacionalización dixital.
Beneficiarios:
Poderán beneficiarse destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes) da demarcación territorial da Cámara Oficial de Comercio, Industria, Servizos e Navegación da Coruña, que cumpran as condicións establecidas na convocatoria.
Requisitos principais:
As empresas solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:
- Acharse ao corrente das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social.
- Ter a condición de peme. Estar dadas de alta no Censo do IAE.
- Desenvolver a súa actividade na demarcación territorial da Cámara de Comercio da Coruña.
- Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei Xeral de Subvencións.
Orzamento:
O orzamento total da convocatoria ascende a 53.721,85€
Características de la axuda:
- Tipo: Subvención.
- Intensidade da axuda: 60 % de cofinanciación FEDER sobre el presupuesto elegible.
Xustificación e pago:
O pago da axuda queda condicionado á correcta execución e xustificación da Fase II de Implantación, conforme ao establecido na convocatoria.
Non se poderá efectuar o pago se a empresa beneficiaria non se atopa ao corrente das súas obrigacións tributarias ou coa Seguridade Social. A Cámara de Comercio poderá realizar as comprobacións e verificacións correspondentes.
Ligazón: detalle
