Fundación Ecoalf, Ecoembes e Fundación Santander lograron recoller 225 toneladas de residuos do fondo mariño en dous anos a través do Upcycling the Oceans, un proxecto que busca liberar os mares de basuraleza. No marco desta iniciativa, 35 portos e a súa frota de arrastre recollen de forma voluntaria os refugallos que quedan atrapados nas súas redes durante a faena. Estes residuos son trasladados a terra, onde son clasificados e tratados por xestores locais autorizados pola rede de Ecoembes.
De forma paralela, Santander for the Sexas impulsou outro piloto para validadar o uso de boias intelixentes de Satlink e o seu software de predición de correntes para identificar e recuperar residuos flotantes.
Fonte: Faro de Vigo
Boias intelixentes para a recollida de 225 toneladas de residuos