Gardacostas e Policía Nacional decomisan 13 quilos de percebe furtivo na Coruña
O operativo desenvolveuse a principios de xullo e forma parte do reforzo da loita contra o furtivismo que a Xunta puxo en marcha en colaboración coas confrarías. O furtivismo é un problema crónico para os percebeiros galegos, que ven como a extracción ilegal merma os bancos e presiona á baixa os prezos do produto legal. A coordinación entre Gardacostas, Policía Nacional e confrarías busca actuar tanto na extracción como na cadea de venda do produto furtivo. (…)
Saber maisA Consellería do Mar inaugura a XIII Festa do Percebe de Xove
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, pronunciou o pregón da XIII Festa do Percebe de Xove (Lugo), ensalzando a calidade do percebe galego e a labor dos percebeiros da costa cantábrica lucense. Villaverde describiu os cantís de Xove como un “hábitat idóneo” para o percebe galego, de frescura e intenso sabor, e destacou a franxa costeira cantábrica de Lugo como un “tesouro escondido” pola calidade dos seus produtos do mar. Durante a celebración repartiuse máis de 1.500 racións de percebe das lonxas da zona. (…)
Saber maisA Xunta adianta e unifica a veda do choco nas Rías Baixas a partir do 20 de xullo
A Consellería do Mar decidiu adiantar e unificar o inicio do paro biolóxico do choco (xiba) nas rías de Arousa, Pontevedra e Vigo, fixándoo o 20 de xullo de 2026. A medida adoptase tras constatar nos informes técnicos un incremento no número de xuvenís na zona, o que aconsella un descanso temperán para protexer a reprodución da especie e garantir capturas futuras. (…)
Saber mais