Villaverde reúnese en Bruxelas co poñente do Europarlamento sobre o novo Marco Financeiro Plurianual

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, reuniuse no Parlamento Europeo con André Franqueira Rodrigues, poñente da Comisión de Pesca (PECH) para o informe sobre o financiamento da pesca e a acuicultura no Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2028-2034. O encontro centouse na proposta de fixar unha asignación mínima garantida de 7.290 millóns de euros para o sector, que actuaría como chan financeiro protexido fronte a posibles transferencias cara a outras políticas nos novos plans nacionais previstos pola Comisión Europea. España contaría, segundo esa proposta, con 1.538,6 M€, a dotación máis elevada de todos os Estados membros. (…)

Saber mais

subscríbete á nosa newsletter

Nosas redes sociais

gl_ESGL_ES