• PESCA 4.0: VENDA DIRECTA B2B E LOXÍSTICA INTELIXENTE PARA CONQUISTAR MERCADOS PREMIUM

    Oficina Pontevedra Rúa Rosalía de Castro, 37, Baixo, Pontevedra, Pontevedra, Spain

    Queres levar os teus produtos pesqueiros a novos mercados e mellorar a rendibilidade do teu negocio? Neste obradoiro descubrirás como dixitalizar a canle profesional, implementar sistemas de venda directa B2B, optimizar a loxística e garantir a rastrexabilidade do produto mediante ferramentas innovadoras. Ademais, coñecerás casos de éxito en Galicia e as oportunidades de financiamento para impulsar a transformación dixital do sector.

  • FOTOGRAFÍA CON MÓBIL PARA PEIXE E MARISCO

    Queres mellorar a imaxe dos teus produtos pesqueiros sen necesidade de equipamento profesional? Neste obradoiro práctico aprenderás técnicas sinxelas de fotografía con móbil para destacar a frescura, a calidade e a presentación do peixe e do marisco. Coñecerás aspectos clave como a iluminación, o encadre, a composición e a edición básica de imaxes para crear contidos atractivos adaptados a redes sociais, páxinas web e materiais promocionais.

  • XESTIÓN E MANTEMENTO DE CRUSTÁCEOS VIVOS EN CETARIAS, CENTROS REGULADORES E EXPOSITORES

    Queres mellorar a conservación e o manexo de crustáceos vivos garantindo a súa supervivencia e calidade? Neste obradoiro abordaranse os aspectos clave para unha xestión eficiente en cetarias, centros reguladores e expositores, desde a calidade da auga e o deseño das instalacións ata o transporte, o envasado e as boas prácticas de mantemento. Dirixido a profesionais do sector marisqueiro, lonxas, pescadarías, empresas comercializadoras e persoas emprendedoras.

  • NOVAS OBRIGAS DE FACTURACIÓN ELECTRÓNICA ENTRE EMPRESARIOS

    Coñece as novas obrigas en materia de facturación electrónica e prepárate para a súa implantación no sector do mar. Neste obradoiro explicaranse os principais cambios normativos, o calendario previsto de aplicación e resolveranse as dúbidas máis frecuentes para facilitar a adaptación de empresas, confrarías e entidades profesionais a este novo escenario.

  • DO MERCADO Á EMPRESA: NOVOS REQUISITOS DE SUSTENTABILIDADE E COMO CONVERTELOS NUNHA VANTAXE COMPETITIVA

    O mercado demanda cada vez máis información sobre sustentabilidade, trazabilidade, orixe dos produtos, pegada ambiental e cadea de subministración. Neste obradoiro descubrirás como preparar a túa empresa para responder a estas novas esixencias e como transformar a sustentabilidade, a calidade e a transparencia en ferramentas de diferenciación e oportunidades de negocio. Aprenderás tamén a comunicar estes valores de forma eficaz para reforzar a túa posición no mercado.

  • DA IDEA Á COLABORACIÓN: COMO PREPARAR UNHA PROPOSTA BREVE ENTRE ENTIDADES DO SECTOR DO MAR

    Tes unha idea de colaboración e non sabes como convertela nunha proposta clara e viable? Neste obradoiro práctico aprenderás a transformar conversas informais en proxectos concretos, identificando oportunidades de cooperación entre entidades do sector do mar e estruturando propostas sinxelas, útiles e fáciles de valorar. Ademais, coñecerás ferramentas para definir obxectivos, recursos, beneficios e primeiros pasos que axuden a activar novas iniciativas na economía azul galega.