A Consellería do Mar vén executar o 100 % do importe da convocatoria do 2025 para a preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros (OPP), executados no 2024, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura (Fempa).
Concretamente, máis de 2,3 millóns de euros que permitiron subvencionar estas accións, dirixidas a perfeccionar a actividade extractiva, a produción dos distintos recursos mariños e o impulso da pesca artesanal, tanto en termos de innovación como de xestión sustentable.
Fonte: Consellería do Mar
