Galicia considera a revisión da PPC como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro

A directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, participou este xoves na inauguración das XXXII Xornadas Técnicas, no marco da celebración da 20ª Feira Monográfica Náutica Pesqueira Expomar que se celebra estes días en Burela e que foi inaugurada polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares. García trasladou aos asistentes a postura de Galicia #ante o escenario que se abre coa revisión da Política Pesqueira Común. Neste sentido, indicou que o Goberno galego entende este proceso como unha oportunidade para a mellora e o crecemento do sector marítimo-pesqueiro. Por este motivo, a Consellería que dirixe Alfonso Villares presentou recentemente o seu Decálogo Estratéxico coas propostas que deben terse en conta para que esta norma europea sexa útil e eficaz á cadea mar-industria.

Consellería do Mar

Galicia considera a revisión da PPC como unha oportunidade para a mellora

gl_ESGL_ES