A directora do Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), Rosa Chapela, participa en Aquaculture Europe 2025, un evento que se celebra no Palacio de Congresos de Valencia e que reúne a profesionais da acuicultura de máis de 70 países. Co lema de Aquaculture for Everyone (Acuicultura para todos), o seminario aborda cuestións crave como a sustentabilidade ambiental, a rexeneración dos sectores primarios e o desenvolvemento do capital humano.
Un dos obxectivos do encontro é reforzar o papel da acuicultura como elemento estratéxico na seguridade alimentaria global. Trátase do maior evento celebrado nunca en palacio de Congresos de Valencia, explica a Xunta nun comunicado, e combina sesións científicas, foros sectoriais, talleres de innovación e actividades específicas para estudantes.
Fonte: La Voz de Galicia
Galicia explica en Valencia como reter talento na industria acuícola