A conselleira do Mar, Marta Villaverde, encabezou en Bruxelas unha delegación da Conferencia de Rexións Periféricas Marítimas (CRPM) ante a Dirección Xeral de Asuntos Marítimos e Pesca (DG MARE) da Comisión Europea. O encontro abordou a revisión da Política Pesqueira Común (PPC) e a estratexia Visión 2040. Villaverde puxo sobre a mesa tres problemas estruturais: o envellecemento da flota galega (máis de 30 anos de media na flota costeira, preto de 40 nalgunhas zonas), o fracaso recoñecido da obrigación de desembarque, e a necesidade de renovación de buques «neutra en capacidade».
A conselleira citou como exemplo o palangre semipelágico de Burela, afectado por peches de augas profundas, e achegou un estudo do IEO con máis de 6,3 millóns de anzois que acredita un impacto mínimo sobre especies vulnerables.
Fonte: Consellería do Mar / Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia
