Gardacostas de Galicia desenvolveu no porto de Ribeira unha xornada de formación teórico-práctica sobre o despregamento de barreiras anticontaminación, no marco das actuacións que realiza como responsable da dirección do Plan Territorial de Continxencias por Contaminación Mariña Accidental de Galicia (Plan CAMGAL) e da coordinación das operacións no mar cando se activa este plan.
Esta actividade formativa resulta esencial para afianzar os procedementos operativos, mellorar a capacidade de resposta ante episodios de contaminación e adestrar o persoal no uso de equipos, medios materiais e técnicos especializados, garantindo unha actuación eficaz e coordinada en situacións de emerxencia.
Fonte: Consellería do Mar
