Gardacostas incorporará dúas patrulleiras e 12 vehículos pick up para a vixilancia, inspección e loita contra o furtivisimo

O Servizo de Gardacostas de Galicia, dependente da Consellería do Mar, incorporará dúas novas patrulleiras e doce vehículos todoterreo pick up á súa frota para labores de vixilancia, inspección e loita contra o furtivismo. A Xunta publicou hoxe na Plataforma de Contratación o prego de prescricións técnicas, cuxa base de licitación se sitúa nos 453.750 euros.

Cofinanciadas polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa), estas incorporacións permiten avanzar no proceso de modernización da frota iniciada no ano 2018, e que xa supuxo a renovación de arredor dunha vintena de unidades que están distribuídas entre as bases que o organismo ten na costa galega e nas instalacións centrais.

Fonte: Consellería do mar

Nova | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES