O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Cándido Rial, visitou este martes a empresa Porto-Muíños, considerada un referente no uso da innovación e a investigación para a explotación sostible dos recursos marítimo-pesqueiros.
O encontro serviu para coñecer a aposta que está a realizar este grupo empresarial pola diversificación da produción, así como a ampla oferta que ten no mercado con alimentos de gran calidade, sabor e con propiedades nutricionais excepcionais. De feito, esta entidade conta co selo Artesanía Alimentaria.
Fonte: Consellería do Mar
