A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez, destacou o 14 de abril, na Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia, a rápida e contundente actuación da Consellería do Mar ante a situación causada polos temporais persistentes de comezos de ano e que presenta unha afectación distinta dependendo das zonas do litoral galego.
Así o manifestou a representante autonómica en resposta a unha pregunta parlamentaria sobre a mortaldade masiva de bivalvos na ría de Arousa e a necesidade de medidas urxentes, na que lembrou que este episodio foi provocado pola extraordinaria sucesión de oito borrascas continuadas durante o pasado inverno, o que causou un descenso crítico da salinidade e unha alta mortaldade nos moluscos.
Fonte: Consellería do Mar
