Mar e as confrarías acordan a apertura do libre marisqueo en Sada a partir do luns 9 de marzo

A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles V. Suárez mantivo o 5 de marzo un novo encontro telemático con representantes das confrarías da zona VII para abordar a apertura do libre marisqueo no ámbito de Sada, que se iniciou o luns 9 de marzo e terminará o 31 deste mes

Esta decisión prodúcese despois da avaliación técnica realizada nos bancos marisqueiros da zona, que confirmou a presenza de recurso suficiente para permitir a actividade extractiva. Deste xeito, estableceuse un tope de 6 quilos para babosa, fronte aos 8 quilos da pasada campaña de Nadal, 2 quilos de ameixa loura e 1 quilo de cornicha, dúas especies que non foron capturadas en decembro.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES