Mar investirá 1,1 M€ na mellora do abrigo, a dragaxe e a estabilización dun noiro no porto de Barallobre, en Fene

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investirá 700.000 euros na mellora do abrigo do porto de Barallobre, no municipio coruñés de Fene. Así o anunciou o 5 de marzo  a titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, nunha reunión na sede da confraría de pescadores da localidade na que presentou ao sector a solución técnica prevista.

Villaverde, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, indicou que a actuación prevista contempla a inspección exhaustiva do estado das instalacións tras o tren de borrascas dos pasados dous meses, que afectou á instalación de atracada existente ata o de agora. A continuación repararase dita zona de atracada e reforzarase o abrigo cun dique flotante con elementos de formigón para maior resistencia e garantía a longo prazo.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES