A colaboración económica da Consellería do Mar, a través das axudas dos Grupos de Acción Local (GALP), foi decisiva para mellorar a Praza de Abastos de Dena, facilitando con elo o desenvolvemento da actividade aos traballadores que acoden diariamente a ela. Concretamente, os traballos levados a cabo, e que foron supervisados este martes polo titular deste departamento autonómico, Alfonso Villares, e polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, incluíron a mellora dos sistemas de climatización e de ventilación, o que permitiu poñer en valor este importante espazo para o pequeno comercio e de proximidade, xa que supón un punto de encontro destacado para moitos veciños e veciñas deste municipio pontevedrés.
Consellería do Mar
Mar mellora a praza de abastos de Dena converténdoa nun espazo de referencia para o comercio de proximidade