Mar mellora as condicións de traballo dos armadores de Cervo cun investimento de 365.000 euros

A Xunta de Galicia investiu 365.000 euros na renovación integral dos locais de armadores que desenvolven a súa actividade no porto de San Cibrao, no municipio lucense de Cervo. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou esta tarde as obras, recentemente finalizadas por Portos de Galicia, para mellorar as condicións de traballo do sector profesional.

Villaverde, que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, comprobou os traballos executados tanto na estrutura como na envolvente dos tres edificios que acollen en total os dez locais. A conselleira destacou que a actuación permitiu mellorar a integración dos tres edificios na contorna portuaria e reducir as necesidades de mantemento dos edificios, en beneficio dos usuarios que xa están a facer uso destes locais.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES