A Consellería do Mar reforza o apoio á Federación Galega de Redeiras Ou Peirao, co fin de impulsar a súa actividade e de poñer en valor o traballo que desenvolven dentro do sector marítimo-pesqueiro. Proba diso, é o convenio que asinaron este luns o conselleiro responsable desta carteira, Alfonso Villares, e a presidenta do devandito ente, María Jesús González, e que dá continuidade á colaboración que o Goberno galego vén mantendo con este colectivo nos últimos tempos.
Consellería do Mar