O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Isaac Rosón, reuniuse o xoves 5 de marzo co patrón maior da confraría San Martiño de Bueu co fin de afondar no desenvolvemento da actividade pesqueira e marisqueira da zona. Deste xeito, o representante da Consellería que dirixe Marta Villaverde deu continuidade ao compromiso deste departamento de manter un diálogo fluído e permanente co sector, xa que se entende que esta é a mellor maneira para avanzar na súa sustentabilidade e competitividade.
Fonte: Consellería do Mar
