Martina Aneiros lembra que está aberto o prazo para solicitar as axudas de modernización dos equipamentos portuarios

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, visitou a mañá do 7 de febreiro os investimentos executados pola Confraría de Pescadores de Ferrol, un dos proxectos beneficiarios dos apoios da Consellería do Mar para a modernización e mellora dos equipos e das infraestruturas dos portos pesqueiros na anterior convocatoria. A responsable autonómica puxo en valor o impacto positivo que estas accións teñen e animou aos axentes beneficiarios a concorrer á nova convocatoria que está aberta ata o próximo 2 de marzo, cofinanciada polo Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (Fempa).

Tal e como puido comprobar a delegada, a axuda foi destinada á adquisición a adquisición dun posto de pesada e unha fábrica de xeo, así como á realización de diversas obras na lonxa como cambio de portas de acceso, termo ou actuacións nos vestiarios. Todas estas obras foron acometidas cunha achega de máis de 304.000 euros.

Durante a visita, na que estivo acompañada de membros da directiva do depósito ferrolán, Aneiros lembrou que a convocatoria está destinada a confrarías de pescadores, agrupacións do sector pesqueiro, organizacións de produtores, cooperativas, asociacións profesionais de persoas pescadoras, mariscadoras e redeiras, e conta cun orzamento de 10 M€ a repartir entre as anualidades 2026 e 2027 para a modernización de equipamentos e infraestruturas dos portos pesqueiros, lugares de desembarque, rulas e ancoradoiros.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES