Noruega e Rusia acadaron un acordo pesqueiro para o 2026. O pacto «é crucial para garantir unha xestión sólida e sostible das poboacións de peixes no mar de Barents», en opinión do Ministerio de Pesca noruegués. A responsable dese departamento, Marianne Sivertsen Næss, destacou que o acordo é especialmente importante neste momento, cando se vén dunha «redución significativa de bacallau durante varios anos».
O total admisible de capturas (TAC) no Ártico nororiental para o 2026 que se marcaron é de 285.000 toneladas, o que representa unha diminución do 16% con respecto á cota deste ano. Esta cota repartirase entre «Noruega, Rusia e terceiros países segundo os mesmos principios que en anos anteriores», explica Oslo. Noruega resérvase para si 139.827 toneladas.
Fonte: La Voz de Galicia
Noruega e Rusia pactan canto bacallau poderán pescar no mar de Barents no 2026
