A Centro de Investigacións Mariñas (CIMA) conclúe o estudo preliminar sobre a presenza da ouxa no litoral galego. Deste xeito, con este documento, o ente, dependente da Consellería do Mar, senta as bases da folla de ruta a seguir neste eido para a posta en marcha dun futuro proxecto Redemar. A directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, acompañada pola directora do Cetmar, Rosa Chapela, asistiu ao acto no que se deu conta desta iniciativa, na que, segundo apuntou o director do CIMA, Carlos Gabín, se leva traballando sete meses, en colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores, a Unidade Técnica de Pesca de Baixura (UTPB) e o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar), ademais de contar coas achegas das confrarías de pescadores.
Consellería do Mar
O CIMA conclúe o estudo preliminar sobre a presenza da ouxa no litoral galego