O Consello Galego de Pesca aproba, por unanimidade, a proposta de protección social para as mariscadoras e aborda o estado das negociacións do novo marco financeiro europeo 

O Consello Galego de Pesca aprobou, por unanimidade, a proposta técnica promovida pola Consellería do Mar e elaborada por persoas expertas das universidades de Santiago e da Coruña para fixar un sistema específico de protección social para as mariscadoras a pé en situacións de cesamento de actividade. A conselleira do Mar, Marta Villaverde, sinalou que o actual réxime xeral de autónomos non dá resposta ás paradas forzosas por factores ambientais ou baixadas de salinidade como as do pasado inverno. 

A iniciativa formula melloras nas coberturas común e extraordinaria, permite compatibilizar a prestación con labores de rexeneración dos bancos e achega a folla de ruta normativa necesaria para que o Goberno central acometa estes cambios a través da Seguridade Social e do Instituto Social da Mariña (ISM).

Fonte: Consellería do Mar
Noticia | Xunta de Galicia

gl_ESGL_ES