Este martes, 29 de abril, o Diario Oficial de Galicia publica a Orde do 9 de abril de 2025, pola que se convocan axudas dirixidas a confrarías de pescadores, organizacións de produtores pesqueiros (OPP) e entidades asociativas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de proxectos colectivos que reforcen a xestión sostible da pesca costeira artesanal.
As axudas, cun orzamento total de máis de 5 millóns de euros, están cofinanciadas polo FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e de Acuicultura) e diríxense a actuacións que melloren a sostibilidade económica, social e ambiental do sector.
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes a partir de mañá.
Para acceder ás bases reguladoras fai clic aquí