É tradición. Como os almanaques de panaderías ou ultramarinos, como as axendas de empresa. O popular receitario de Pereira Cociña de Abordo converteuse en indispensable nestas datas e acaba de cumprir a súa vixésima edición.
Con motivo desta efeméride a pesqueira sacou unha edición única titulada 20 anos, 20 historias, 20 receitas, que «celebra dúas décadas de compromiso coa gastronomía e coas persoas que fan posible a actividade da compañía, promovendo o consumo de peixe conxelado polos seus beneficios nutricionais e esenciais para a saúde».
Fonte: Faro de Vigo
