A volandeira da ría de Arousa está en veda tras o final da campaña do bou de vara, un aparello co que tamén se capturan chopos. A tempada de pesca empezou a principios de novembro pasado, e tras cinco meses pechouse cun sabor agridoce, polo menos en portos como o de Cambados. E é que se notou un descenso considerable das capturas de volandeira con respecto aos últimos anos; pero a cambio, este marisco alcanzou os mellores prezos desde que a Consellería do Mar ten rexistros.
msn
Os prezos altos salvan unha campaña decepcionante en capturas de volandeira