PE610C – relevo xeneracional en el sector pesqueiro

Prazo: Desde 7 días hábiles tras a publicación no DOG ata o 31 de outubro de 2026 ou ata esgotamento do crédito

Descrición:
Estas axudas teñen por obxectivo fomentar a remuda xeracional no sector pesqueiro mediante a formación práctica de estudantes de ciclos formativos náutico‑pesqueiros, facilitando o seu embarque en buques de pesca.

A iniciativa apoia os armadores que colaboran nesta formación, contribuíndo á incorporación de novos profesionais ao sector marítimo‑pesqueiro.

Beneficiarios:
Poderán beneficiarse destas axudas as persoas físicas ou xurídicas (armadores):

  • Rexistrados no Rexistro de Buques Pesqueiros de Galicia
  • Que faciliten o embarque de estudantes que necesiten realizar prácticas para obter a súa titulación profesional marítimo‑pesqueira.

Requisitos principais:
As entidades solicitantes deberán cumprir, entre outros, os seguintes requisitos:

  • Ser armador dun buque pesqueiro rexistrado en Galicia
  • Ter o buque con porto basee en Galicia
  • Estar dado de alta na 3ª lista do Rexistro de Buques e Empresas Navieiras
  • Facilitar a formación práctica do alumnado a bordo
  • Titorizar ao estudante durante o período de embarque
  • Non incorrer en ningunha das prohibicións previstas na Lei Xeral de Subvencións

Orzamento:
O orzamento total da convocatoria ascende a 350.000 €, cofinanciado:

  • 70 % polo FEMPA
  • 30 % pola Xunta de Galicia

Características da axuda:

  • Tipo: Subvención en concorrencia non competitiva (por orde de solicitude)
  • Intensidade da axuda: Cofinanciamento do 70 % (FEMPA)
  • Límite: Máximo 2 estudantes por buque e período de embarque.
  • Período subvencionable: do 1 de xaneiro ao 15 de outubro de 2026.

Gastos subvencionables:

Manutención: 33,26 €/estudante/día
Equipamento e roupa de traballo: ata 500 € por estudante
Custos indirectos: 7% adicional
Gastos de desprazamento

Xustificación e pago
O pago da axuda realizarase nun único abono, condicionado a:

  • A realización efectiva das prácticas a bordo
  • A correcta xustificación dos gastos subvencionables
  • O cumprimento das condicións establecidas na convocatoria

Non se poderá efectuar o pago se a entidade beneficiaria non se atopa ao corrente das súas obrigacións tributarias ou coa Seguridade Social.

Ligazón: DOG 96 del 26/5/2026 – ORDEN de 11 de mayo de 2026 por la que se establecen las bases reguladoras generales y se convocan para el año 2026, en régimen de concurrencia no competitiva, ayudas para fomentar el relevo generacional en el sector pesquero, financiadas por el Fondo Europeo Marítimo, de Pesca y de Acuicultura (FEMPA) (código de procedimiento PE610C).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2026/20260526/AnuncioG0427-120526-0001_es.html
gl_ESGL_ES