Galicia abre o prazo para inscribirse ás bolsas formativas para o Igafa e o CIMA que fomentan a inserción laboral no sector

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou as convocatorias de bolsas de formación impulsadas pola Consellería do Mar, que buscan fomentar a capacitación práctica e a inserción laboral de titulados de Formación Profesional na investigación mariña e a acuicultura. Ábrese un mes de prazo para formalizar a inscrición, contando a partir do xoves, 4 de xuño,

En total, ofértanse 10 bolsas formativas, 4 de prácticas para o Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa) e 6 para persoal auxiliar de investigación mariña no Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA).

Fonte: Industrias Pesqueras

Industrias pesqueras – Revista Marítima

gl_ESGL_ES