Portos de Galicia inviste 50.000 € na rehabilitación da balaustrada e a mellora do paseo do Preguntoiro, en Vilaxóan

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, está a investir preto de 50.000 euros nas obras de rehabilitación da balaustrada e posta en valor do paseo do Preguntoiro, no porto de Vilaxoán, en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra). Así o comunicou esta mañá o presidente de Portos, José Antonio Álvarez, nunha visita á dársena, na que estivo acompañado do patrón maior e representantes municipais.

O presidente do ente público lembrou que esta actuación, que comezou a semana do 8 de maio, mellorará o conxunto do paseo e reparará os danos provocados polos temporais do inverno. En concreto, o tren de borrascas dos meses de xaneiro e febreiro provocou danos na balaustrada do paseo que discorre xunto á praia do Preguntorio, así como no mobiliario urbano.

Fonte: Consellería do Mar

Noticia | Portal da Consellería do Mar

gl_ESGL_ES