O Consello Reitor de Portos de Galicia aprobou declarar innecesarios uns terreos de titularidade autonómica no porto de Cedeira que non teñen actividade portuaria activa. Con esta aprobación, o organismo dá por completada a tramitación de todas as solicitudes de reversión ao Estado presentadas nunha vintena de portos galegos. En total, aprobáronse 22 propostas de reversión en concellos como A Guarda, Ribeira, Vilagarcía, Cangas, Cambados, Rianxo, Moaña, Fisterra, O Grove, Illa de Arousa e Cedeira, entre outros.
Tras a aprobación do Consello da Xunta, os expedientes enviaranse ao Ministerio para a Transición Ecolóxica, que decidirá se acepta a reversión e, posteriormente, se cede os terreos aos respectivos concellos. A presidenta de Portos de Galicia, Natalia Botana, recoñeceu que o Goberno central aínda non respondeu a ningunha das propostas anteriores.
Fonte: Consellería do Mar — Xunta de Galicia
Noticia | Xunta de Galicia
