Prazo: Ata o 30 de setembro de 2026
Descrición:
Estas subvencións teñen por obxecto promover o autoemprego e a actividade emprendedora das persoas emigrantes galegas retornadas, apoiando economicamente o seu establecemento como traballadoras autónomas ou por conta propia na Comunidade Autónoma de Galicia.
O procedemento é de concorrencia non competitiva, polo que as axudas se conceden por orde de chegada, sempre que haxa crédito e se cumpran os requisitos.
As axudas están suxeitas ao réxime de minimis da UE.
Beneficiarios:
Poderán acollerse á axuda as persoas que, residindo no estranxeiro, se establezan en Galicia e sexan:
- Persoas galegas nacidas en Galicia.
- Cónxuxes, persoas con unión análoga á conxugal e descendentes por consanguinidade das persoas galegas e nacidas en Galicia.
Fican excluídos os autónomos colaboradores.
Requisitos principais:
As persoas solicitantes deberán cumprir, entre outros:
- Non incorrer en prohibicións da Lei 9/2007 de subvencións.
- Ter nacionalidade española antes do retorno.
- Ter residido no estranxeiro e retornar a partir do 1 de xaneiro de 2024.
- Estar de alta no RETA ou sistema equivalente antes da solicitude.
- Estar empadroadas e residir en Galicia.
- Exercer a actividade empresarial ou profesional en Galicia (acreditado mediante IAE ou censo AEAT).
- Ter domicilio fiscal en Galicia.
- Non ter sido beneficiaria da mesma axuda en convocatorias anteriores.
- Ser usuaria da Oficina Integral de Asesoramento e Seguimento ao Retorno.
Orzamento:
Para as subvencións de 2026 establécese un crédito inicial de: 1.028.000 €
Este importe poderá ser ampliado se existise maior dispoñibilidade orzamentaria.
Características da axuda:
- Contía base: 6.000 € por solicitante
- Incrementos adicionais acumulables.
- + 1.000 € no caso de que a persoa solicitante sexa muller.
- +3.000 € se o centro de traballo ou domicilio discal se atopa nun concello rural (case todos os concellos excepto os grandes urbanos listados na resolución. )
- Importe máximo posible: 10.000 €
Outros aspectos relevantes
- Só se admite unha solicitude por persoa.
- É compatible con outras axudas para o mesmo concepto
- O procedemento tramítase por vía electrónica obrigatoria.
Xustificación e pagamento:
- O pagamento da subvención realízase nun único abono, xunto coa resolución de concesión.
- Dado que se trata dunha axuda baseada na situación da persoa beneficiaria, non se require a presentación dunha xustificación de gastos tradicional:
- Abonda con acreditar documentalmente que se cumpren todos os requisitos previos establecidos (alta no RETA, retorno, plan de negocio, residencia, etc.).
- A Secretaría Xeral da Emigración poderá realizar comprobacións previas ao pagamento para verificar o cumprimento da actividade subvencionada.
- Non se poderá efectuar o pagamento se a persoa solicitante non está ao día coas obrigas tributarias estatais e autonómicas nin coa Seguridade Social.
- Tras o cobro, a persoa beneficiaria deberá manter a alta como autónoma durante 18 meses, conforme ás obrigas incluídas na resolución, podendo realizarse comprobacións posteriores.
Ligazón: ORDE do 4 de febreiro de 2026
