O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, anunciou o 23 de marzo que o Consello autorizou unha inxección de 22,7 millóns de euros para “medidas de recuperación e rexeneración dos bancos marisqueiros” afectados polos temporais das últimas semanas que provocaron episodios de baixa salinidade e, en consecuencia, importantes mortaldades de moluscos bivalvos nas rías galegas.
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, indicou que o obxectivo da Xunta é dar “unha resposta integral” con medidas “económicas, sociais e medio ambientais” a curto, medio e longo prazo. Nesta liña, fixo fincapé en que non se trata de buscar “remedios puntuais” senón traballar man a man co sector para garantir a rexeneración dos bancos afectados.
Fonte: Consellería do Mar
