O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado da conselleira do Mar, Marta Villaverde, participou esta tarde no acto de conmemoración do 50º aniversario do Centro de Investigacións Mariñas de Galicia (CIMA), onde puxo en valor o papel estratéxico que esta institución desempeña no sistema científico galego, así como a aposta do Goberno autonómico por unha investigación útil, conectada co territorio e orientada á mellora da calidade de vida da cidadanía.
Consellería do Mar