TR341Q – Bono das persoas traballadoras autónomas.

Prazo: Ata o 30 de setembro de 2026, ás 20:00 h

Descrición:

Apoiar á consolidacion de proxectos que superaron os tres cordeiros de vidas, con el obxecto de mellorar a súa competitividade.

Beneficiarios:

Poderán ser beneficiarias as persoas traballadoras autónomas, a título individual, que cumpran os requisitos específicos de cada programa, entre eles:

  • Persoas desempregadas que inicien unha actividade por conta propia.
  • Persoas autónomas que volven emprender tras cesar a súa actividade anterior.
  • Persoas autónomas acollidas á cota reducida da Seguridade Socia

Requisitos principais:

As persoas traballadoras autónomas que soliciten as axudas deberán:

  • Ser maiores de 18 anos.
  • Figurar inscritas como demandantes de emprego e non ter ocupación efectiva, segundo o informe de vida laboral, ata o momento da alta no RETA, noutro réxime por conta propia da Seguridade Social ou na mutualidade correspondente.
  • Desenvolver a súa actividade na Comunidade Autónoma de Galicia, entendéndose que isto se cumpre cando o domicilio da actividade e o centro de traballo se atopen en Galicia
  • Para estes efectos, considerarase:
  • O domicilio do establecemento, se a actividade se realiza nun local físico.
  • O domicilio fiscal, se a actividade se desenvolve sen establecemento físico.
  • O cumprimento destes requisitos comprobarase a través dos datos da Axencia Tributaria e do informe de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social.

Orzamento: As axudas están cofinanciadas pola Unión Europea a través do FSE+ Galicia 2021‑2027.
O orzamento distribúese entre os distintos programas incluídos na convocatoria, segundo o establecido na orde reguladora

Características da axuda:

  • Subvención a fondo perdido.
  • Concorrencia non competitiva, por orde de entrada das solicitudes.
  • Axudas vinculadas ao inicio, reactivación ou mantemento da actividade autónoma.
  • Cofinanciadas polo Fondo Social Europeo Plus (FSE+).

Xustificación e pagamento:

  • A xustificación realizarase conforme ao establecido na orde reguladora, acreditando o cumprimento dos requisitos e a alta como persoa autónoma.
  • O pagamento efectuarase unha vez comprobada a correcta xustificación da axuda concedida

Ligazón: ORDE DO 4 DE FEBREIRO

gl_ESGL_ES