Prazo:12/06/2026 00:00 – 13/07/2026 23:59
Descrición:
A concesión de subvencións destinadas a fomentar o emprego xuvenil mediante a contratación de persoas mozas inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil por parte de organismos intermedios sen ánimo de lucro.
As axudas financian a contratación durante un período aproximado de nove meses, co obxectivo de proporcionar ás persoas mozas unha experiencia e práctica profesional que facilite a súa inserción laboral.
Beneficiarios:
Os organismos intermedios sen ánimo de lucro que, á data de publicación da presente convocatoria, estean constituídos e rexistrados no correspondente rexistro (de asociacións, de agrupacións industriais empresariais, de asociacións profesionais de traballadores autónomos, de agrupacións empresariais, etc) e dispoñan de centro de traballo en Galicia (asociacións empresariais sectoriais ou multisectoriais, agrupacións industriais empresariais e consellos reguladores, de acordo coas definicións do artigo 5 destas bases reguladoras). Incluiranse dentro destas entidades:
- Asociacións empresariais sectoriais ou intersectoriais, e de carácter tecnolóxico.
- Consellos reguladores de denominacións de orixe protexidas, de indicacións xeográficas protexidas e de agricultura ecolóxica.
- Agrupacións industriais empresariais (con personalidade xurídica propia, sen ánimo de lucro e domiciliadas en Galicia), que representen a un colectivo de empresas galegas.
- Agrupacións industriais empresariais.
- Asociacións de persoas autónomas
Requisitos principais:
- Ser organismo intermedio sen ánimo de lucro e estar inscrito no rexistro correspondente.
- Dispor de centro de traballo en Galicia.
- Contratar persoas mozas que:
- estean desempregadas
- estean inscritas no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil
- As persoas contratadas deben desenvolver tarefas relacionadas coa actividade da entidade.
- A contratación debe permitir adquirir experiencia profesional real.
Orzamento:
Contías por grupo de cotización:
- 23.606,03 € → Enxeñeiros/as e licenciados/as
- 19.576,17 € → Enxeñeiros/as técnicos/as, peritos e axudantes titulados/as
- 17.030,80 € → Xefes/as administrativos/as e de taller
- 16.902,64 € →
- axudantes non titulados/as
- administrativos/as
- auxiliares
- oficiais
- peóns/as
Características da axuda:
- Financiamento de contratacións (non investimento nin proxectos empresariais directos)
- Duración aproximada: 9 meses a xornada completa
- Ámbito autonómico (Galicia)
- En réxime de concorrencia competitiva
Xustificación e pagamento:
- Establécese un custo unitario por persoa nova contratada a xornada completa durante 9 meses
- A axuda concédese mediante un método de custos simplificados
