Prazo: Ata o 16 de setembro de 2026, ás 20:00 h
Descrición:
teñen como finalidade impulsar o emprendemento colectivo e o emprego estable na economía social, apoiando ás cooperativas e sociedades laborais de Galicia que incorporen novas persoas como socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido ou a proba. A axuda concédese á entidade pola creación de emprego estable, especialmente mediante a incorporación de persoas desempregadas ou pertencentes a colectivos con maiores dificultades de inserción laboral.
Beneficiarios:
As beneficiarias directas da axuda son as persoas xurídicas, concretamente:
- Cooperativas
- Sociedades laborais
sempre que teñan centros de traballo situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Requisitos principais:
- A entidade solicitante debe ser unha cooperativa ou sociedade laboral con centro de traballo en Galicia.
- Debe ter capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.
- Estar ao día nas obrigas tributarias e coa Seguridade Social.
- Non estar incursa en ningunha das prohibicións para obter subvencións públicas nin ter sanción firme que o impida.
- A incorporación da persoa socia debe supoñer un incremento do emprego fixo e do número de persoas socias respecto da media dos 12 meses anteriores.
- As persoas incorporadas deben cumprir os perfís subvencionables (persoas desempregadas, socias a proba, fixas descontinuas, etc.) no momento da súa incorporación.
- A incorporación poderá ser a xornada completa ou parcial, sendo esta última como mínimo do 50 % da xornada ordinaria.
- As cooperativas e sociedades laborais deberán estar ao día na presentación das contas anuais no rexistro correspondente no momento da xustificación, agás entidades de nova creación.
Orzamento: O orzamento total destinado ás axudas para o fomento do emprendemento en economía social na convocatoria 2026 ascende a 5.000.000 €.
Características da axuda:
- Concorrencia non competitiva: as solicitudes concédense por orde de entrada, ata o esgotamento do crédito dispoñible
- A axuda está vinculada á incorporación efectiva da persoa socia, non á súa solicitude individual.
- A incorporación pode realizarse con carácter indefinido ou a proba, sempre que cumpra os requisitos establecidos na orde reguladora.
- As axudas están sometidas ao réxime de minimis, conforme á normativa europea vixente
Xustificación e pagamento:
- A xustificación da axuda realizarase unha vez acreditada a incorporación efectiva da persoa socia traballadora ou de traballo, nos termos establecidos na convocatoria.
- A entidade beneficiaria deberá presentar a documentación xustificativa dentro do prazo que se determine na resolución de concesión.
- O pagamento da subvención efectuarase tras a correcta xustificación da axuda e a comprobación do cumprimento das condicións exixidas.
- O pagamento realizarase mediante transferencia bancaria á entidade beneficiaria
Ligazón: ORDE DO 18 DE FEBREIRO
