O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, presidiu a Comisión do Mexillón onde instou ao sector a abordar a necesidade de agrupar a todos os produtores da comunidade para reforzar o papel de interlocución das súas entidades representativas na toma de decisións que afectan a súa actividade. O responsable autonómico, acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, destacou que das 3.573 bateas instaladas na costa galega só 2.370 forman parte dalgunhas das 45 asociacións actuais que agrupan estes viveiros.
Consellería do Mar
Villares aborda co sector mexilloeiro a necesidade de agrupar a todos os produtores