O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, mantivo un encontro co comité executivo da Federación Galega de Confrarías de Pescadores para abordar o estudo de novas medidas que permitan profundar na competitividade e sustentabilidade da actividade pesqueira en Galicia. Na reunión, na que estivo acompañado pola directora xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Patricia García, e pola directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Marta Villaverde, puxo en valor a celebración destas reunións que son claro reflexo do modelo de cogobernanza na xestión do desenvolvemento deste sector estratéxico para a comunidade.
Consellería do Mar
Villares aborda co sector o estudo de novas medidas que permitan profundar na competitividade