O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado da delegada da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, participou na presentación do Festival Azul 2025, que se celebrará en Vigo do 22 ao 25 de maio, e que está organizado pola Asociación Agrupación industrial Náutico Rías Baixas, en colaboración co Goberno galego e outras entidades institucionais e do sector marítimo-pesqueiro. O responsable autonómico destacou a importancia do turismo náutico como elemento estratéxico para impulsar o desenvolvemento socioeconómico dos territorios costeiros.
Consellería do Mar