Villares destaca o papel do CIMA como piar científico do sector pesqueiro e que sitúa a Galicia á vangarda no ámbito da investigación mariña

No marco dos diferentes actos programados para a celebración dos cincuenta anos de actividade científica do Centro de Investigacións Mariñas (CIMA), organismo público de investigación da Consellería do Mar, inaugurouse a exposición de carteis científicos baixo o título 50 anos na beira do mar que, de maneira gráfica, recolle unha selección de traballos de investigación realizadas polo persoal deste centro entre os anos 1975. No acto estivo o conselleiro do Mar, Alfonso Villares, que destacou o papel do CIMA como piar científico do sector pesqueiro da comunidade e que sitúa a Galicia á vangarda da investigación mariña.

Consellería do Mar

Villares destaca o papel do CIMA

gl_ESGL_ES