Villares sinala as oficinas ES·MAR como aceleradoras de proxectos do sector pesqueiro cunha produción na zona de preto de 27 mil toneladas cun valor de 73 M€

O titular de Mar lembrou a importancia do porto da Coruña e a súa área de influencia na pesca galega como primeiro porto en descarga de peixe fresco e segundo por facturación da comunidade. Tamén explicou que a rede autonómica aguzosa asesoramento ás empresas e potenciais beneficiarios dos apoios con fondos Fempa, axudando no acceso e a execución das actuacións financiadas así como no ámbito da competitividade empresarial. A oficina atenderá as demandas dos profesionais e entidades do sector de vinte concellos costeiros da zona e está previsto a organización de talleres, accións formativas e de divulgación enfocadas tamén á innovación.

FEMPA

Villares sinala as oficinas É.Mar como aceleradoras de proxectos do sector pesqueiro cunha produción na zona de preto de 27 mil toneladas cun valor de 73 M€ | FEMPA

gl_ESGL_ES